Lo más leído

lunes, 18 de marzo de 2013

Autor: Sergio Toxo.

BLP: James Bond e o fin do postmodernismo (Parte 1).









(Traducción al español disponible en el número de marzo)

Skyfall.

Din que un raio caeu na cúpula de San Pedro horas despois de dimitir Benedicto XVI. Deus volve mostrar a súa furia e descontento como antaño facía. Pero nada máis lonxe de querer facer dano, pois a basílica atópase baleira, igual que as demáis igrexas de todo o mundo occidental. Pouco importa que se enchan de fieis, que se acuda fervorosamente ás participacións festivas máis importantes. Case da igual a fe que se teña, pois, en liñas xerais, o templo está baleiro. 
 
     Non é algo novo. Tanto C.G Jung como Erich Fromm teñen numerosos escritos acerca do declive espiritual europeo, da ausencia de Deus. Cabe destacar as referencias aos mándalas que tanto estudiou Jung, afirmando que os mándalas actuais teñen o centro beleiro, en constraste cos rosetóns medievais donde Deus sempre ocupaba o centro.

    Onde se atopa Deus?

     Esta crise, conleva a un enfado, odio. A corrupción inúndao todo. Todos nos botamos as mans á cabeza, poñémonos fóra de sí ante as inxustizas que día a día vemos e coas convivimos. Pero a corrupción nace dos individuos. O crédito, o creerse ricos, a España do Mundial fixo creer a moitos políticos que crearía unha especie de fervor nacional no que todos se xuntarían (igual que os atentados, guerras...). Querer agrupar en torno a algo era a cuestión. Pero esta idea (que tivo o seu lugar e acadou nos fascismos e dictaduras o seu máximo explendor) é unha vella idea. Só o fútbol e a súa febre contaxiosa parece poder aglutinar en España á xente nalgo parecido. Ese fervor enfermizo viuse aumentado coas numerosas victorias da selección española de fútbol. Sendo éste o único elemento aglutinador de masas, o pacificador das rúas e a centrifugadora na que se mete a mente todas as semanas para esquecer todo o panorama sofocante e malulinte que percorre as rúas de todo o Estado, donde a miseria parece saltar como un elemento que ven para quedarse e aglutinar á maioría das persoas. As victorias da selección fan sentir a moitos que somos grandes, escapando á triste realidade dun país de ananos. O español volve ser o que foi. E o dito: “Es español el que no puede ser otra cosa1” volve a ser verdade (excepto o día que gaña a selección, Alonso ou Nadal). Miseria, corrupción, ladrillo, incultura, sol, praia, festa, botellón, bares, pinchos (ou tapas)... Son varios dos termos que se asocian a España actual, donde os primeiros adxectivos nomeados van collendo máis e máis protagonismo, como unha bola de neve que non para de crecer e que ameaza a arrasalo todo (políticos incluídos).

      Os políticos pensan como antaño, pois, tamén para estas ideas, a Igrexa (a súa particular Igrexa) está baleira, corrupta e podre. Só hai que esperar que caia, ou alguén con intereses a derribe. Ante este panorama, as persoas atópanse soas. Nada hai onde recurrir. Incluso o Papa dimite. Case ninguén da evitado o lixo propio que se atopa no interior da maioría (gran maioría) das persoas. Agora todos poden sinalar. Antes moi poucos falaban disto. As vacacións a crédito, o coche novo, a casa na praia... A política e a economía eran temas denostados nas conversas. Preocuparse por esas cousas... Como quedou onte o partido? Esa gran pregunta que salta interrumpindo ou acabando cun debate.

    Se miro dez anos atrás, canta arrogancia había (agora queda o pouso amargo desa arrogancia, en vías de desaparecer pero aínda querida e moi añorada). Cantos emprendedores do ladrillo e negocios sostidos pola burbulla te miraban por riba do ombreiro cando facías referencia a esa España que ía ben. Se facías apoloxía da xustiza social e dos valores que hoxe en día se revindican por todos os lados, (excepto na elite) dicíanche que só os novos pensan así (non digamos xa se criticabas o modelo económico imperante en España, e no mundo), que cando un madura cambia, e abandona eses pensamentos (para ser un empresario coma el). Como se as ideas que están presentes como fundamentos en todas as relixións fosen unha moda, algo da idade! Como se o respecto, a axuda ao necesitado, o compartir, o asistir ao enfermo, dar de comer ao famento, cobixo ao sen teito, auga ao sedento fosen algo de esquerdas ou de dereitas, productivo ou improductivo. Son principios sagrados en todos os lugares, e fundamentais nunha sociedade. Algo que debería saír de forma instintiva de dentro de nós. Pero estas ideas tamén, incluso a día de hoxe, están baleiras, collendo presencia ante un panorama no que a gran maioría non pode participar desa codicia de antaño, o motor do mundo.

       Ninguén sabe o de «Sete anos de vacas gordas e sete de vacas fracas»? O crédito e a ilusión do crecemento económico deron ás á codicia, voou a lombos da corrupción, loitas de poder, dos sobornos, da arrogancia, de crerse grandes, de aplastar á competencia, de sentirse un lobo poderoso e hedonista, onde calquera desexo era posible... Nese mundo, que era un se non cambiaba de móbil cada 6 meses? De coche cada 4 anos (e mellor coche que o anterior)? A casa na praia, na montaña... A ser posible o iate... Todo isto parece ter (ou parecía ter) un templo, eso si: financiado a crédito. Un pacto diabólico de letra ben grande, que ninguén se engane das consecuencias de firmar tan maldito papel por tan diabólico soño. Nesa época, a dispersión mental, debido aos pensamentos continuos no que gastar o próximo crédito, nos plans a curto da nosa autoenganada mente, do ocio disparatado e, a ser posible, contínuo. Si, ocio, o disfrute total de todas as parcelas materiais do individuo, da súa autorecreación personal hedonista e narcisista, da fantasía de poder obrar e ser vistos como príncipes e princesas con corpos esculpidos en ximnasios no calor dunha bonita e ateigada praia. O aparentar, o moreno de solarium (aínda moi presente) como símbolo de estatus. Un non vai á praia para poñerse moreno, e menos disfrutar (Polo menos eu non disfruto queimándome ao sol, preferindo neses días unha bonita sombra). Un vai ensinar o seu corpo xa moreno do solarium, non a ensinar un corpo branco e anémico. Da igual os problemas de pel ou os cancros. Da igual que a pel se poña fea e avellente prematuramente (Alguén viu a Nicole Kidman e Cate Blanchett torradas polo sol? Cal será a razón?).

     Da igual que o director da sucursal puxera nun cartel ben grande PERIGO DE PREFERENTES. Daba igual, o veciño ten un BMW e a min faime falla un mercedes para non ser menos que el. A pregunta ao director bancario era “Canto me das?”. Que importa o que foran facer cos cartos, se che pagan a unha boa porcentaxe por ter cartos en preferentes (ou outros productos da enxeñería financieira) e che dan un préstamo para o coche, a moto e o que queiras... Se ben o descoñecemento foi importante en moitos casos, non creo que o fose na gran maioría deles, aunque para iso se utilizasen clausulas ilegales, etc. Moitas veces incluso eran sabidas polos clientes. Todo isto forma parte dun pensamento non só codicioso ou materialista, senón profundamente inconsciente, corrupto e libre de contrapesos espirituais. O desexo (de calquera tipo) era permitido e promovido, simplemente por ser lucrativo. Este é o elemento co que se sustenta o actual sistema e co cal nos atan e dominan. Tristemente con algo moi, moi propio, e ao mesmo tempo colectivo, porque non hai humano que non poida albergar codicia dentro de sí. É un elemento que non podemos eliminar, é unha realidade que vive en nós e que debemos conscienciar, afrontar e convivir.

      Quizáis me contradiga, pois é moi posible que todo isto enchera a Igrexa baleira da que falo. Pero non. O edificio desa Igrexa, é dicir, o edificio espiritual europeo, sigue baleiro, e sendo (para a miña sorpresa), cristián. Guste ou non guste, sexa reaccionario ou non. Estea un a favor dos curas ou non, sexa a Igrexa (ou distintas Igrexas) corrupta ou non.

    Jung creía que o Ser Humano posuía un instinto espiritual, que se manifestaba nas relixións, expresións artísticas, etc. Pero a corrupción, a falta de adaptación das Igrexas aos novos tempos, os disrcursos non actualizados, a cegueira reaccionaria, politizada, interesada, partidista, egoísta, corrupta, avariciosa (e un sinfín de calificativos) xunto o auxe da ciencia, fixeron que (non en poucos casos) non só se sentise unha indiferencia frente a Igrexa, senón repulsa e asco. Todo isto meteuse como algo ponzoñoso no interior das persoas, abandonando non só as súas confesións, senón abandonando o seu espírito e incluso negándoo. Sustituíndo por posesións (problemas nerviosos de diversa e ampla índole), pastillas e un montón de síndromes e complexos varios que nuns minutos poden ser diagnosticados, aunque non haxa cura para esos males. Pois, como se diagnostica un mal espiritual? É posible velo? E o peor: Como se cura? É posible curalo sen unha desgracia para a humanidade?

     Incluso podemos lanzar a seguinte pregunta: Existen realmente as persoas ateas? Cantas declaradas ateas adoran claramente ós cartos. Aquí, dicir que, para sanear a sociedade, psicólogos, relixiosos, sociólogos e demáis estudiosos, deberían facer un estudo acerca dos cartos, e dos transtornos que xenera nas persoas esa acumulación de diñeiro sen precedentes (tanto por cantidade como por ser en bits) que, de ser lixo, estaríamos ante unha epidemia mundial do famoso síndrome de Dióxenes. Pero a ninguén se lle pasa pola cabeza. Incluso os relixiosos calan, e revisan as súas contas como a caixa ó final do día nunha tenda, esperando recaudar máis o día seguinte. Pois case a totalidade da xente vive nunha tolemia febril cos cartos. A todos fascinan en maior ou menor medida. Rompen as barreiras sociais, nacións, sexos, tendencias, (e ao mesmo tempo crean nas nosas mentes muros infranqueables que rompen a sociedade en multitude de anacos imposibles de poder ser unidos) seducen incluso ás máis sensatas e respetables persoas... Sen espírito que equilibre esta tendencia enferma, a epidemia monetaria campa ás súas anchas polos numerosos campos de batalla do mundo. Porque hai que admitilo: Estamos en guerra.

       Obsérvese o que acontece: Con lupa miramos a prima de risco, como antaño o avance das tropas nas trincheiras. O colapso, medo, expectativa do que acontecerá mañá, a desesperación da maioría das persoas recorda aos estados psicolóxicos das guerras. Hoxe non te matan, indúcente a que te suicides, a que vivas na escuridade depresiva e temorosa da incertidume, matan a esperanza, a ilusión, ata que o Ser Humano queda sen vida, simplemente esperando comida para sobrevivir (no peor dos casos). A televisón, Internet e todo o ocio postmodernista encárgase de atontar a as nosas conciencias e despistar as nosas consciencias, para que non se oian os bombardeos da actual guerra. Unha guerra monetaria (aunque de bits) e de recursos... Racional, fría, calculadora... Un momento! Perdón. Acabo de trabucarme e perderme no meu discurso contradictorio. Pois nada hai racional nesa guerra, por moito que a pinten de diversas maneiras economistas e diversos estudiosos. O fervor dos cartos, o afecto diabólico que xeneran, converte ás persoas baleiras en seres sen escrúpulos que extorsionan, matan, manipulan, arrebatan...2 Nunca tan honrado estivo o antigo becerro de ouro. E quizáis aquí, deba admitir, que esta xente formou un templo para adoralo. Pero, igual que na antigüedade, falso, igual que a realidade que pretenden proxectar.

      Só me queda por pregar a economistas, psicólogos, relixiosos, sociólogos, historiadores e demáis grupos de estudiosos, que estudien o papel do trastorno dos cartos nas persoas, que digan que ese trastorno pode ser letal para o entorno, que é unha enfermidade convertida nunha epidemia. Transformando ás persoas en meros corpos vacíos que só se alimentan de máis e máis cartos, chegando a un colapso e facendo que o mundo (a partir desta crise, acabada a gasolina do crédito) viva nunha economía zombie. Morta, pero viva.

     O problema radicaría en: A partir de que nivel de liquidez se consideraría unha persoa enferma? Incluso sen ter un triste euro, podes estar enfermo? Podemos admitir que máis da metade da poboación pode estar afectada en maior ou menor medida? Como se aborda isto? Quen será o que sinale a este magnate, esta corporación, ese político que nos goberna, baixo a tutela dos anteriores, que están enfermos e son perigosos para a sociedade? Que sucede con todos os trastornados endebedados que acaban tolos buscando cartos para xa non saldar a débeda, senón para poder aguantar un mes máis? O que leva a pensar: Cantos grupos ou subgrupos poden existir e baixo que condicións habitan e proliferan? Cal é o procedemento para o seu diagnóstico?Existe cura? Poden ser rehabilitados?

     Crer nun instinto relixioso conleva a unha cousa: a ter que asimilalo. Irrumpe nas persoas. A infinidade de entretemento é unha boa opción para escapar a esa pesada, complicada, difícil e molesta tarea. Que as relixións sexan un negocio e que o sabelo nos leve ao descrito anteriormente, non elimina a profunda forza que se alberga nas imaxes relixiosas que moveron a humanidade, e que fixeron posible a aparición das relixións. Non o fixeron non hai tanto os caudillos? E non eran fillos de Deus, aunque se creían deuses ou escollidos. O mesmo factor relixioso atopabáse detrás desa farsa. Pero o elemento subxacente a ambos exemplos permanace nas procelosas augas da alma humana. Vemos ese fervor relixioso en moitos votantes ou afiliados a partidos políticos (aunque cada día moitísimos menos), cunha fé maior que en calquera relixión actual. E no fútbol igual ou peor. A fidelidade é case de por vida... Todos estes comportamentos teñen características relixiosas3. O sexo é un instinto, claro, evidente. Renunciar a el, opoñerse a el, págase caro. Ninguén nega a súa existencia, tampouco a ciencia por evidente. E todos coñecemos as consecuencias do lucro que xenera o negocio que hai entorno ao comercio do sexo. Non por iso é menos evidente a súa veracidade, ou consideremos que hai que negalo, renunciar a el, etc. O mesmo pasa co instinto relixioso-espiritual. Compre retomar o camiño a el, asumindo o comercio, mentiras, timos e perigos aos que nos poida conlevar (moitísimo máis amplos, escuros, distorsionados, confusos, ofuscadores, manipuladores que aos que poida levar o sexo). Pois ninguén dixo que fora algo doado ou claro. Preséntase máis ben escuro, perigoso, fangoso, enganoso, a veces seductor... Cunha meta e un camiño que cada un, nesta época, ten que labrar por sí mesmo, pese aos bos consellos que poidamos recibir ou dar.

     Pero aínda así, os trazos do edificio cristián que conforma Europa siguen en pé, por moito pó que teñan e moi descoidados que estean. A vista non se fixa neles. Algo tan descoidado, olvidado, incluso semella feo, que non vai coas modas... Por que fixarse? Porque queiramos ou non, estamos atrapados nese edificio. Vinno claramente nunha película para nada cristiá. Foi algo como caído do ceo. A película chámase “SKYFALL”. E podo dicir que con ela acaba o postmodernismo. Confírmase a necesidade da reconstrucción do edificio espiritual europeo e a necesidade dunha figura mediadora entre nós e o espírito. De todo isto falarei na segunda parte deste artigo.

Por Sergio Toxo.

________
2. Directa ou inderectamente baixo diversos nomes, formas ou grupos.
3. Para os que sexan escépticos, é posible encontrar noticias máis sorprendentes, que invitan á prudencia.

Deja un comentario

¡Estamos revisando tu comentario! Ten paciencia, pronto será publicado.

Suscríbete | Subscribe to Comments

- Copyright © Isla Espejo - Date A Live - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -