Lo más leído

martes, 10 de julio de 2012

ALD: A árbore (El árbol).




     Por Quecha Menduíña 


Non sabería dicir como chegara ata esa árbore pero era bonita. Tíñaa xusto diante, como se alí se plantara para que ela a contemplase. Non lle quería facer un feo e, non sabía por que, a présa de antes desaparecera así que sabía que, a partir daquel momento, tiña todo o tempo do mundo para observala. E alí estaba, chantada no chan con aquel toro inmenso, bífido, que se erguía todo nun dende o chan para se xeminar un par de metros máis arriba. Levantaba, maxestosa, as súas grosísimas pólas nunha beira da chaira que albergaba aquel val. Sabía que xusto detrás súa, uns metros máis arriba estaba a estrada. Non quixo dar volta para mirar, preferiu dirixi-la vista cara ás xestas e os codesos que rodeaban aquela marabilla. Non entendía a que viña aquel interese pola árbore, pero abofé que a atraía. Tranquilizábaa. Xa non sentía aqueles nervios nin aquela angustia que a invadiran minutos antes. Era vella. Se puidese falar podería transmitirlle a sabedoría acumulada durante as décadas que tardara en medrar. Pero as árbores non falan, só están en pé, agardando a que alguén chegue e teña o tempo suficiente para deterse, escoitar e tentar comprende-lo que teñen que dicir. Son coma eses vellos que sempre atopan tempo para sentaren á beira do camiño e parolar da vida e do día. Ou simplemente para ficaren quedos e calados amosando que xa todo o saben aínda que ninguén queira que o compartan.


    Ela si tiña tempo para pararse diante da árbore e escoita-las súas historias de vella. Sabía que tiña que chegar a algún sitio pero non lembraba onde. Máis ben, sabía que xa tiña que estar alí. ¿Que sería o que a levaba tan a correr? O que lle semellara tan importante esvaecérase, desaparecera nalgún recuncho da súa memoria, esquecido. Virou un pouco a cabeza. Fora chegar a unha enorme chaira coloreada de vivos amarelos e lilas, ¿quen non ía querer deterse a gozar diso?

FOTO: Quecha Menduíña
     E, con todo, sentía que ela mesma nin tería reparado nesa beleza nin moito menos se tería detido tan só uns cantos segundos antes. Unha sensación afastada, coma unha caste de soño. Un soño... aquilo si era un soño... pero tan real... Respirou fondo e o seu corpo encheuse do recendo daquela vexetación. Sentíase lixeira, por un momento, tivo a impresión de que se pechase os ollos e se deixase ir, acabaría levitando.

     Non o tentou, no canto diso optou por achegarse á árbore, necesitaba abrazar aquel toro, firme e rugoso. Necesitaba senti-la seguridade que sen dúbida lle podería transmitir, a tranquilidade dos anos transcorridos, aí quieto, inamovible. Botou a andar, amodiño, arrastrando os pés pola herba mentres cruzaba os escasos metros que a separaban da súa meta. Foi de vagar, controlando a ansiedade, as ganas de chegar. Parou cando estivo xusto enfronte, abriu os brazos e inclinouse. Xa estaba.

     Xa estaba no chan. Non foi o golpe, que haber non o houbo, foi a humidade da herba o que a fixo decatarse de que algo pasara. Levantou a cabeza e buscou. A árbore erguíase con toda a súa dignidade tras de si.

     E detrás da árbore, ó final do terraplén, estaba o seu coche. Esfarelado.

    E dentro do coche, o seu corpo. Esnaquizado.


______________________

 
No sabría decir cómo había llegado hasta ese árbol, pero era bonito. Lo tenía justo delante, como si se hubiese detenido allí para que ella pudiese contemplarlo. No quería ofenderlo y, no sabía por qué, la prisa de antes había desaparecido así que sabía que, a partir de aquel momento, tenía todo el tiempo del mundo para observarlo. Y allí estaba, clavado en el suelo con aquel tronco inmenso, bífido, que crecía todo en uno desde el suelo para dividirse un par de metros más arriba. Erguía, majestuoso, sus gruesísimas ramas en una esquina de la llanura rodeada por aquel valle. Sabía que justo tras de si estaba la carretera, unos metros más arriba. No quiso volverse para mirar, prefirió dirigir la vista hacia las ginestas y los codesos que rodeaban aquella maravilla. No entendía el porqué de aquel interés por el árbol, pero realmente la atraía. La tranquilizaba. Era antiguo. Si pudiese hablar, podría transmitirle la sabiduría acumulada durante las décadas que había tardado en crecer. Pero los árboles no hablan, sólo esperan de pie a que alguien llegue y se pare a escuchar e intentar comprender lo que tienen que decir. Son como esos ancianos que siempre tienen tiempo para sentarse a la orilla del camino y hablar de la vida y del día. O simplemente para quedarse quietos y en silencio, mostrando que ya lo saben todo, aunque nadie quiera escucharlos. 
 
     Ella sí tenía tiempo para pararse delante del árbol y escuchar sus viejas historias. Sabía que tenía que llegar a algún sitio, pero no recordaba a dónde. Es más, sabía que ya tenía que estar allí. ¿Qué sería lo que hacía que tuviese tanta prisa? Aquello que le había parecido tan importante se había desvanecido, había desaparecido en algún lugar perdido de su memoria, olvidado. Giró un poco la cabeza. Había llegado a una extensa llanura coloreada de vivos amarillos y lilas, ¿quién no querría pararse a disfrutar de eso? 
 
   Y, sin embargo, sentía que ella misma ni se hubiese fijado en esa belleza ni mucho menos se hubiese detenido tan sólo unos cuantos segundos antes. Una sensación alejada, como una especie de sueño. Un sueño… aquello sí era un sueño… pero tan real… Respiró profundamente y el aroma de aquella vegetación invadió su cuerpo. Se sentía ligera, por un momento, tuvo la impresión de que, si cerrase los ojos y se dejase ir, acabaría flotando.
   No lo intentó, en lugar de eso optó por acercarse al árbol, necesitaba abrazar aquel tronco firme y rugoso. Necesitaba sentir aquella seguridad que, sin duda, le podría transmitir, aquella tranquilidad de los años transcurridos, ahí quieto, inamovible. Empezó a andar, lentamente, arrastrando los pies por la hierba mientras cruzaba los escasos metros que la separaban de su meta. Fue muy despacio, controlando la ansiedad, las ganas de llegar. Paro cuando estuvo justo delante, abrió los brazos y se inclinó. Ya estaba.

    Ya estaba en el suelo. No fue el golpe, que no lo hubo, fue la humedad de la hierba lo que hizo que se diese cuenta de que algo había pasado. Levantó la cabeza y lo buscó. El árbol se alzaba con toda su dignidad tras de si.

     Y detrás del árbol, al final del terraplén, estaba su coche. Destruido.

     Y dentro del coche, su cuerpo. Destrozado.

Deja un comentario

¡Estamos revisando tu comentario! Ten paciencia, pronto será publicado.

Suscríbete | Subscribe to Comments

- Copyright © Isla Espejo - Date A Live - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -